Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Proxecto literario e audiovisual

30 Decembro, 2025 @ 19:00 - 20:30

Presentamos en Betanzos Regatos polo aire, un proxecto literario e audiovisual que recolle o oficio do selleiro José Vicente Lagoa, veciño da vila, así coma o contexto das sellas e a auga na sociedade tradicional. A iniciativa de Rebordelos (@rebordelos_) componse dun documental de Xacio Baño (@xacio) e un libro coordinado por María Lado (@lado_maria), que inclúe relatos orixinais de Xerardo Pereiro, Llerena Perozo, Carme Varela, Emma Pedreira, Suso Bahamonde, Diego Ameixeiras e Susana Sanches Arins.


Na presentación, que será ás 19h na Sala Azul do Liceo, proxectaremos o documental e agasallaremos exemplares do libro, que inclúe unha completa selección de fotografías de arquivo, algunhas cedidas polo Museo das Mariñas. O evento tamén contará cunha actuación musical de Dara e Manuel (Aldara Palmeiro e Manuel Lucas), que interpretarán pezas nas que a auga e as fontes serán temática central.


Regatos polo aire é un proxecto premiado no I Certame Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social 2025, convocados pola Deputacion da Coruña.  A edición do libro está feita coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua. Tamén contou co apoio do Museo do Pobo Galego para a realización da peza audiovisual.


Detalles

Fecha:
30 Decembro, 2025
Hora:
19:00 - 20:30

Lugar

Salón azul Edificio Liceo Arquivo do Antigo Reino de Galicia
Praza de Galicia, 1
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map
Teléfono:
981 77 00 11
Página Web:
www.betanzos.gal