Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Representación teatral da obra “Unha inimiga do pobo”

19 Outubro, 2024 @ 20:00 - 21:30

Interpretada pola compañía Talía Teatro.

Organiza o Concello de Betanzos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.

Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos á saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa.

Coa vontade de aproximar aínda máis a peza, a Galicia actual serve de escenario para unha proposta onde a desinformación, o poder das redes sociais, a crise ecolóxica e a depredación neoliberal deseñan un contexto hostil no que as emocións humanas son sometidas á máxima presión.

REPARTO Marta Lado
Dani Trillo • María Ordóñez • Toño Casais
Rubén Prieto • Marta Ríos • Diego Rey
Xurxo Barcala • Artur Trillo
ESCENOGRAFÍA DANI TRILLO
VESTIARIO e MAQUILLAXE MARTINA CAMBEIRO
ILUMINACIÓN LAURA ITURRALDE
MÚSICA ORIXINAL MANU ABRALDES
PRODUCIÓN AURI FERREIRO e ARTUR TRILLO
DRAMATURXIA VANESA SOTELO e TITO ASOREY
DIRECCIÓN TITO ASOREY

Detalles

Fecha:
19 Outubro, 2024
Hora:
20:00 - 21:30

Lugar

Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia
Plaza de Galicia, 1
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map
Página Web:
www.betanzos.gal

Organizador

Concello de Betanzos