Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

X Concurso de creación literaria

19 Abril, 2021 - 14 Maio, 2021

O Concello de Betanzos convoca a décima edición o Concurso de creación literaria. Este ano o concurso abre o prazo desde o 19 de abril ata o vindeiro 14 de maio de 2021, coincidindo coa programación do Día Internacional do Libro e da Lectura e o Día das Letras Galegas.

Os obxectivos do X Concurso de creación literaria son promover o emprego escrito da lingua galega e fomentar a creación literaria xuvenil. Os textos presentados poderán ser relatos curtos ou poesías e cada participante poderá presentar un só texto ao concurso. Tamén se establecen tres categorías nos premios, haberá un primeiro premio e un accésit na categoría do alumnado da ESO, outro na categoría de Bacharelato e ciclos formativos e un último na categoría aberta para calquera persoa maior de idade.

Todos os traballos deberán presentarse en lingua galega e o tema é libre. Os traballos poderán entregarse ata o vindeiro 14 de maio na secretarías do CPR Nosa Señora do Carme-Atocha, do IES Francisco Aguiar e do IES As Mariñas, na Casa do Concello ou na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao.

As persoas interesadas poden ver as bases completas en www.betanzos.gal, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Betanzos e solicitar máis información do X Concurso de creación literaria do Concello de Betanzos no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico [email protected].

Descarga as bases aquí.

Detalles

Comienza:
19 Abril, 2021
Finaliza:
14 Maio, 2021

Lugar

Betanzos, A Coruña 15300 España

Organizador

Concello de Betanzos