Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

XIV Festival BetanJazz+

19 Xullo, 2025 - 20 Xullo, 2025

O BetanzJazz+ chega ao verán betanceiro este ano na súa XIV edición con novas propostas. Nacido do contaxio de diferentes músicas, este festival confirma o seu formato e os seus horizontes para darlle cabida ás novas expresións da música improvisada contemporánea, mantendo esa cualidade rítmica especial coñecida como swing, e o recoñecido papel da improvisación.

BetanJazz+ mantense como unha xanela na que o público teña a posibilidade de poder coñecer de primeira man propostas actuais do diálogo entre as músicas do mundo e a música improvisada que se fai en Galicia.

Sábado 19, terá lugar ás 21:30 h na praza da Constitución, o concerto do grupo GABI TRIANA QUINTET

Domingo 20, terá lugar ás 21:30 h na praza da Constitución, o concerto do grupo ZAFRA

Para máis información prema aquí

Organiza o Concello de Betanzos dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

*En caso de choiva ou mal tempo desenvolverase na Aula de Cultura Xulio Cuns.

Detalles

Comienza:
19 Xullo, 2025
Finaliza:
20 Xullo, 2025

Lugar

Praza da Constitución
Betanzos, A Coruña 15300 España + Google Map

Organizador

Concello de Betanzos