
Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
Todo el Día
Aberto prazo do XII Concurso de creación literaria.
Os textos poderanse entregar no Servizo de Normalización Lingüística, na Biblioteca Pública Municipal Alfonso Castelao ou nas secretarías do IES As Mariñas, o IES Francisco Aguiar e o CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. Máis información no 981 770 100 ou en [email protected] ou premando aquí
Más información »Exposición de obra gráfica titulada “Amadeo Gabino, fondos da colección CIEC”
Horario de apertura de martes a sábados de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:0 h. Organiza a Fundación CIEC.
Más información »Exposición de debuxo titulada “Fauna e flora das Mariñas”
Por conta do ilustrador e pintor Suso Cubeiro dentro dos actos do LVI Festival Santa Cecilia organizado pola Coral Polifónica de Betanzos, na Sala de Exposicións Jesús Núñez do edificio Liceo, en horario de visitas de 10:00 h a 14:00 h e 19:00 h a 22:00 h de martes a venres e de 11:30 h […]
Más información »Curso “Identidade dixital e trámites electrónicos”
Os días 18, 25, 27 e 29, destinado á poboación en xeral, en horario de 10:00 h a 12:00 h. Levarase a cabo na Aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) do Concello situada na rúa Emilio Romay n.º 1. Para máis información e inscricións na propia aula.
Más información »11:00
Visita guiada “Betanzos en feminino”
Con punto de reunión para a saída na Oficina de Turismo de Betanzos. Para máis información e inscricións, a partir do día 9, na propia Oficina situada na praza de Galicia 1, no teléfono 981 776 666 e no enderezo electrónico [email protected]. Actividade de balde con inscrición previa e prazas limitadas.
Más información »12:00
Espectáculo para nenos e nenas de máis de 5 anos e as familias “Toupiciencia Show”
Por conta da Xanela do Maxín. Inscrición previa do 18 ao 21 de novembro en www.novas.betanzos.gal (preferencia empadroados/as). Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa Sábados Miúdos 2024.
Más información »20:00
Encontro de Corais
Coa participación da Coral Rondalla de Cariño, a Coral de Corcubión e a Coral Polifónica de Betanzos, dentro dos actos do LVI Festival Santa Cecilia organizado pola Coral Polifónica de Betanzos. Colabora o Concello de Betanzos.
Más información »










