MÉRCORES 13 DE AGOSTO. Na igrexa de Santiago tivo lugar o Concerto Cidade de Betanzos cunha actuación memorable da Coral Polifónica de Betanzos, a Agrupación Musical Carlos Seijo e a Banda Municipal de Música. A igrexa encheuse para gozar dun programa cheo de emocións, no que destacou a interpretación dunha obra composta por Paco Casal, con letra de Esther López Castro, en homenaxe ao 150 aniversario do Globo de San Roque.
XOVES, 14 DE AGOSTO. O adestrador betanceiro, Óscar Gilsanz, foi o encargado de dar o pregón no resumiu moi ben o que significaban esta celebración para todas as betanceiras e betanceiros: “que facilidade temos para disfrútalas, pero canta dificultade para explicar o que sentimos, porque Betanzos, e o San Roque é un sentimento. “A alcaldesa, María Barral, nomeou a Hugo Suárez Blanco como representante Maior das festas do San Roque 2025.
VENRES 15 DE AGOSTO. A alcaldesa, María Barral, nomeou á betanceira Inés Seoane García representante infantil das festas do San Roque 2025. Deseguida, tivo lugar a lectura do pregón infantil por parte de Mario Silva Pérez, que fixo referencia “a ese Betanzos que non sae nas guías turísticas, dun Betanzos colectivo, no que estamos todos e todas”. Posteriormente, a alcaldesa e a corporación local ofreceron unha recepción ao pregoeiro infantil, á representante infantil das festas e aos e ás súas acompañantes.
SÁBADO 16 DE AGOSTO. A igrexa de San Domingos acolleu a tradicional Función do Voto. A comitiva saíu do Concello presidida pola alcaldesa, María Barral, a corporación e os representantes das festas, entre outros. Na intervención, a rexedora lembrouse de “todos os betanceiros e betanceiras que viven lonxe da súa terra”; pediu o fin dos pobos que sofren “a dor da guerra e da inxustiza”; “protección e esperanza” para as mulleres vítimas de violencia de xénero ou polo cese da “crispación e a división”. A alcaldesa tamén rogou polos “pobos que sofren nestes días o lume devastador”, especialmente en Galicia, “tan ferida polos incendios que ameazan a nosa xente, a nosa natureza e a nosa alma”.
O globo de san Roque alumeou o ceo da nosa cidade. Milleiros de persoas observaron o globo que partiu desde o campanario de Santo Domingo na praza Irmáns García Naveira nunha xornada moi especial celebrando o seu 150 aniversario.
DOMINGO 17 DE AGOSTO. Na praza dos Irmáns García Naveira tivo lugar un emocionante musical en directo, para toda a familia, que percorreu a historia de Disney mediante unha viaxe polos seus clásicos e polos seus éxitos mais recentes. “LA BANDA SONORA DISNEY TRIBUTE”
LUNS 18 DE AGOSTO. Centos de persoas déronse cita no campo dos Caneiros para desfrutar da I xira a Os Caneiros. A xornada finalizou cunha sesión de fogos pirotécnicos na Ponte Vella.
MARTES 19 DE AGOSTO. Na praza dos Irmáns García Naveira tivo lugar a actuación musical de BUDIÑO, un dos artistas mais destacados do panorama musical galego. Un artista atípico que se inspira nos pequenos sabores da música de raíz, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio.
MÉRCORES 21 DE AGOSTO. FESTA INFANTIL. Festa infantil no auditorio do Pasatempo con inchables por conta da empresa Galiocio.
SÁBADO 22 DE AGOSTO. LOS ALCANTARA nos levou a repasar os grandes éxitos da música española dende o particular punto de vista dun grupo de sobras coñecido na nosa cidade Po routro lado o espéctaculo que foi recoñecido pola prensa especializada como un dos mellores musicais/tributo a un dos grupos mais icónicos da música do século XX. Tratase de ABBA THE NEW EXPERIENCE.
SÁBADO 22 DE AGOSTO. Na praza dos Irmáns García Naveira actuación do grupo ASTAROT que se caracteriza por musicalizar, con tendencia hacia o rock sinfónico, poemas de autores galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro ou Castelao.
LUNS 25 DE AGOSTO. Centos de persoas déronse cita no campo dos Caneiros para desfrutar da II xira a Os Caneiros. A xornada finalizou cunha sesión de fogos pirotécnicos na Ponte Vella.










