Gran tempada do club Caimanes na copa de Galicia de Cx.

137

O pasado 30 de decembro, chegou ao seu fin a Copa de Galicia de Cx, a cal empezou a mediados de Outubro, e foi organizada pola Federación Galega de Ciclismo.

Logo de nove probas, Betanzos, Esmelle, O Rosal, A Cañiza, Santiago, Ponteareas, Boiro, Maceda e Nigrán, podemos dicir que fué unha tempada para enmarcar, obtendo os seguintes resultados:

Martín Diaz, 1º en Junior Masculino

Raul Puelles, 2º en Junior Masculino

Xiana Seijo, 1ª en Cadete Feminino

Aquiles Xordo, 3º en Master 30M

Ademais, o resto de corredores do club que participaron na devandita copa, fixeron unha tempada espectacular, e como consecuencia de todo isto, obtiveron o premio ao mellor equipo da tempada.

En xaneiro de 2024 vén o punto final á tempada de ciclocrós, co Campionato Galego o día 07 de Xaneiro en Cambre e o Campionato de España os próximos días 13 e 14 de Xaneiro en Amurrio.

Mencionar tamén que durante a participación nesta Copa, varios corredores do club, tamén participaron en varias probas da Copa de España como Xixón, Pontevedra, As Pontes, Karrantza, Lles Franqueses, Xativa e Valencia así como en varias probas internacionais UCI como Marín, Ribadumia, Melgaso (Portugal). Ademais en Asturias, tamén se participou en probas como Pousada de Llanera e Navia.

Desde o club queremos dar as grazas a todos os patrocinadores, colaboradores, monitores, directores, asistentes, montadores,… etc que fixeron posible que o noso club alcanzase devanditos éxitos.