Intenso mes de abril para o Club BTT Caimanes Betanzos

109

O Club BTT Caimanes Betanzos pechou un mes de abril marcado pola actividade deportiva e a participación en diferentes citas do calendario galego. Ao longo destas semanas, corredores do club estiveron presentes en varias probas da Copa Galicia de XCO, así como en distintas competicións do calendario de MiniBTT, acadando unha destacada representación en todas as categorías.

Máis alá da competición, cómpre salientar tamén a implicación dos socios e socias en diversas rutas cicloturistas celebradas ao longo do mes, levando o nome de Betanzos por distintos puntos de Galicia e reforzando o carácter social e participativo do club.

Por outra banda, o Club BTT Caimanes Betanzos informa de que xa están abertas as inscricións para o seu campamento de verán, dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Trátase dunha iniciativa que combina deporte, natureza e convivencia, cun enfoque lúdico e educativo arredor do ciclismo.

As persoas interesadas poden atopar máis información e o enlace de inscrición nas redes sociais do Club BTT Caimanes Betanzos.