Julia Álvarez Ríos, do colexio de Atocha, gaña o concurso do cartel de Nadal 2022

344

Julia Álvarez Ríos, estudante de 6º de primaria do colexio Grande Obra de Atocha, resultadora gañadora co seu debuxo no que recolle unha imaxe dos Reis Magos comendo a “mellor tortilla do mundo” , a de Betanzos, e bebendo viño da variedade Blanco Lexítimo, tamén de Betanzos.

O traballo ilustrará o programa de actividades de Nadal do municipio e, ademais, recibirá como agasallo material didáctico.

Os accésit foron para os carteis realizados por Sofía Portela Cagiao estudante de 5º de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín; Marisol Fontao Alonso estudante do Centro Pai Menni; e o  Rayane Er R.B., estudante da Escola Municipal Infantil Santiago de la Fuente.