O concello de Betanzos convida á participación cidadá para a elaboración da proposta do plan de sustentabilidade turística do casco histórico

293

O Concello de Betanzos convoca a tódolos axentes do territorio e visitantes a participar nacandidatura aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destinoque convocará proximamente o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e que se financia con fondos NextGeneration.

Na web do Concello www.novas.betanzos.gal está dispoñible unha enquisa online para que toda a veciñanza e visitantes poida transmitir o seu parecer sobre diversos aspectos turísticos e de desenvolvemento do territorio.

Asemade ao longo dos meses de decembro e xaneiro desenvolveranse mesas de traballo adicadas a residentes no casco histórico, sector turístico, comercio, asociacións e expertos en en materias vencelladas ao desenvolvemento local entre outras.

Desde o Concello estase a realizar un gran esforzo por tratar de chegar a todas as empresas, do sector turístico e comercial, que estean interesadas en participar nestas xornadas. O enderezo de correo electrónico[email protected]atópase dispoñible para recibir inscricións daquelas persoas e empresas interesadas.

Espérase que en próximas semanas se inicie a convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística, incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado, que nesta ocasión teñen como temática as vilas termais e cascos históricos.