A alcaldesa de Betanzos, María Barral, presentou na Fitur dous novos vídeos promocionais da cidade

1070

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, presentou na Fitur dous novos vídeos promocionais da cidade que se utilizarán ao longo do ano nas redes sociais do Concello e noutras citas de promoción turística e gastronómica nas que participe Betanzos.

Trátase dun vídeo xeral da cidade no que se recollen todos os aspectos culturais, históricos, festivos e gastronómicos. Neste aparecen imaxes do centro histórico, centradas nas Igrexas góticas como San Francisco; a praza da Constitución e o edificio da fundación CIEC; a fonte da Diana Cazadora ou o palco da música.

Tamén se fai mención especial ao legado dos irmáns Garcia Naveira coas escolas, o lavadoiro das Cascas ou o Pasatempo.

Os ríos e a ría de Betanzos xunto ao aspecto gastronómico coa tortilla e o viño completan o vídeo presentado na caseta de TurEspaña, no que a alcaldesa puido dialogar durante uns instantes coa Ministra de Turismo, Reyes Maroto, sobre os distintos aspectos de Betanzos que agarda poder concretar nunha próxima reunión.

O vídeo conclúe coa lema ven a Betanzos, Betanzos tan cerca.

O segundo vídeo é especial da tortilla. Trátase, como comentou a primeira edil, de mostrar a tortilla e presentar como se fai a mellor tortilla de España.

A protagonista, a gañadora de cinco edicións da Semana da Tortilla, Casa Miranda.

“Esta é a nosa tortilla de Betanzos, pataca, aceite de oliva, ovo, e un chisco de sal. Sen máis ingredientes, sen máis segredos que o amor polo noso á hora de preparala, que é o que realmente lle fai única e irrepetible”, explicou a alcaldesa cando presentou o vídeo.

Outra das novidades é o novo mapa do centro histórico, un mapa que se repartirá na oficina de turismo e que será ilustrado. “Non queremos o típico mapa turístico informativo senón que faremos un mapa dando protagonismo ao noso centro histórico, representando cada unha dos inmobles. Un mapa ilustrado que irá acompañado de fotografías identificativas dos edificios máis destacados do centro histórico.

Por último, tamén se presentou a nova guía de turismo. 80 páxinas nun tamaño manexable na que se impón a fotografía e recóllense os aspectos máis destacados do Betanzos monumental, cultural, festivo, peregrino, natural e gastronómico.