Máis de 300 nenos e nenas participaron onte na X MiniBtt organizada polo Club BTT Caimanes Betanzos

252
BTT CAIMANES 3-agosto-2025
O circuíto da X edición da MiniBtt , unha proba ciclista xa consolidada na cidade, reuniu no Parque do Pasatempo a rapazada de todos os recunchos de Galicia para gozar deste deporte.
A alcaldesa, María Barral, e o Concelleiro de deportes, Ricardo Cheda, estiveron presentes na entrega de trofeos, onde aproveitaron para felicitar ao club local polo éxito de participación e preparación da proba.
O Concello de Betanzos colaborou estreitamente coa proba, ofrecendo, ademais nesta décima edición, unha festa da escuma como colofón final.