Nota informativa Servizos Sociais

719

A partir do mes de xuño abriranse os prazos para inscribirse no servizo comedor
escolar do CEIP Vales Villamarín, así como nos campamentos de conciliación para o
verán, ademais doutras convocatorias, como pode ser a de axudas para adquisición de
material escolar.

Para facilitar a presentación destas solicitudes, o trámite realizarase a través da
Sede electrónica do Concello, o que permite presentala calquera día durante a apertura do
prazo, e en calquera horario.

Ademais, a utilización da Sede, evitará as esperas á veciñanza nas oficinas
municipais, e contribuirá a minimizar os riscos que debido á crise sanitaria que estamos a
vivir, supón para todos nós a xuntanza de persoas, tendo en conta que falamos dun gran
volume de solicitudes.

Por iso, o Concello está a programar unha pequena formación para o uso da Sede
electrónica e como identificarse para poder acceder a ela.

Con ánimo de poder facilitar a participación, realizaranse catro sesións formativas
nos seguintes días:

PRESENCIAIS:
20 de abril ás 10:00 horas (1º quenda)
20 de abril ás 20:00 horas (2º quenda)

POR VIDEOCONFERENCIA
22 de abril ás 10:00horas (1º quenda)
22 de abril ás 20:00horas (2º quenda)

As persoas que estean interesadas en participar, pódense inscribirse ata o día 18 de abril
no enderezo de correo electrónico [email protected] ou ben chamando por
teléfono ao 981770011.