Novos cursos de sólo pélvico

115

Trala longa lista de agarda, os venres 15 e 22 de marzo, ás 19:00, ofertaranse dous cursos
novos de sólo pélvico no Salón Azul e Aula de usos Múltiples do edificio Liceo.

Foron numerosas as mulleres que por cuestións de aforo da actividade pasaron a formar parte dunha lista de agarda, comprometéndose o Concello de Betanzos a sacar novos cursos para que todas elas puideran aprender dunha sesión que trata un tema tan importante como o coidado e mantemento do sólo pélvico.

O curso/obradoiro inclúe unha primeira parte teórica e unha parte práctica onde se tratarán
aspectos como a hixiene postural, a respiración diafragmática 360º, unha sesión de ioga e
unha sesión de relaxación guiada cunha duración aproximada de 01:30 h.

O obradoiro seguirá sendo impartido por Flavia Polanco, de MatroSaúde.
Dende o Concello de Betanzos, amosamos a nosa satisfación ao comprobar que un servizo
tan importante e novidoso, ten unha acollida moi grande por parte da nosa sociedade