O Concello de Betanzos desenvolve unha nova edición do Distintivo Muller Emprendedora.

153

Dentro das iniciativas municipais impulsadas co gallo do 8 de marzo, o Concello de Betanzos outorgou o Distintivo Muller Emprendedora 2023 a 10 mulleres que se puxeron ao fronte de distintos negocios o ano pasado.

Nesta ocasión, prémiaronse establecementos relacionados co deporte, a educación, a moda, a beleza, a axuda no fogar, a alimentación e a hostalaría, con nomes propios como Betan Cit, Café Bar El Capricho, Crecer, Distrito Palmeras Moda, Más que pan, Maiores no fogar, Neón Club, No se lo digas a mamá, Peluquería Salón Bukuri e Salón Unisex Carola López.

O acto de entrega de distintivos tivo lugar o xoves 14 ás 20:30 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns, nun encontro aberto á veciñanza no que as emprendedoras poderon tamén compartir as súas experiencias nesta nova etapa profesional.