O Centro Pai Menni. Irmás Hospitalarias inaugurou as novas instalacións do Centro Ocupacional Integrado na Comunidade.

271
A este acto asistiron a alcaldesa de Betanzos, María Barral, o concelleiro de Formación, Ricardo Cheda e a a directora xeral de Persoas con Discapacidade.
O pasado xoves 12 de decembro, inaugurouse unha nova iniciativa: o Centro Ocupacional Integrado na Comunidade (COIC).


Este espazo no que axudan a integrarse ás persoas con discapacidade trasládase dende a sede da entidade, no Camiño Real da Infesta, a un local cedido polo Concello en pleno corazón de Betanzos, na Praza García Irmáns. Un espazo co que se busca axudar a integrar de forma real e efectiva ás persoas con discapacidade na súa contorna, así como darlles visibilidade entre os nosos veciños.