O club Han’s Horang-I acada destacados resultados no Rankeable Sada Marina e no Open Moaña Hebe 2026

176

O club Han’s Horang-I vén de conseguir uns excelentes resultados nas competicións Rankeable Sada Marina de técnica e freestyle 2026 (categoría infantil) e no Open Moaña Hebe, consolidando o seu gran momento deportivo e o traballo constante da súa canteira.

No Rankeable Sada Marina, o club logrou tres medallas de ouro grazas ás actuacións de Julián Pumar Rodríguez (infantil masculino), Jessy Sun Shin Veiga (xuvenil feminino) e o trío infantil masculino formado por Julián Pumar, Ariel Menéndez e Nicolás Golpe. Ademais, sumáronse dúas medallas de prata, conseguidas por Hugo Quintián Cupeiro (alevín masculino) e Ariel Menéndez Cortés (infantil masculino), e tres medallas de bronce a cargo de Stephan Pumar Rodríguez (alevín masculino), Nicolás Golpe Otero (infantil masculino) e Vega Ferreño Gómez (infantil feminino).

Pola súa banda, no Open Moaña Hebe, o Han’s Horang-I volveu destacar cun amplo medalleiro. Acadaron o ouro Seung Han Shin Jang (master 2 masculino), Ana Llin Shin Veiga (senior 1 feminino), Jessy Sun Shin Veiga (junior feminino), Julián Pumar Rodríguez (infantil masculino e freestyle infantil masculino), Stephan Pumar Rodríguez (alevín masculino), a parella formada por Vega Ferreño e Nicolás Golpe (infantil) e o trío infantil masculino composto por Julián Pumar, Ariel Menéndez e Nicolás Golpe.

No mesmo campionato, o club sumou dúas medallas de prata, conseguidas por Begoña Veiga Rodríguez (master 1 feminino) e Noah Menéndez Cortés (benxamín masculino), así como cinco medallas de bronce: Hugo Quintián Cupeiro (alevín masculino), Nicolás Golpe Otero (infantil masculino), Vega Ferreño Gómez (infantil feminino), Ximena Golpe Otero (cadete infantil feminino) e Ariel Menéndez Cortés (freestyle infantil masculino).

Como broche final, o equipo acadou o segundo posto na clasificación de poomsae e tamén o segundo posto na clasificación xeral, confirmando o alto nivel competitivo do club.

Dende o Han’s Horang-I destacan o compromiso dos deportistas e o apoio das familias como claves destes resultados, que reforzan a ilusión por seguir medrando e competindo ao máis alto nivel.