O Concello informa da apertura do prazo de solicitudes para o servizo de comedor escolar e de mañanceiros do CEIP Vales Villamarín de cara ao curso 2026-2027.
- Renovación de praza: do 7 ao 20 de abril (ambos incluídos).
- Novo ingreso: do 28 de abril ao 11 de maio (ambos incluídos).
As solicitudes deberán presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello. Para calquera outra dúbida, poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 770 707.
📄 [Solicitude de novo ingreso do comedor escolar curso 2026-27]
📄 [Solicitude de renovación de praza do comedor escolar curso 2026-27]
Importante: No caso de solicitar bonificación, deberá anexar tamén a Solicitude de Bonificación xunto coa documentación xustificativa indicada na mesma. No caso de solicitar bonificación por renda, debe incluír obrigatoriamente o ANEXO I.
📄 [Solicitude BONIFICACIÓN DE NOVO INGRESO do comedor escolar curso 2026-27]
📄 [Solicitude de BONIFICACON RENOVACIÓN DE PRAZA do comedor escolar curso 2026-27]
A alcaldesa subliñou que, a pesar de non ser unha competencia municipal, este é un servizo que o Concello non quere eludir, xa que resulta fundamental para:
- A conciliación da vida familiar e laboral,
- Garantir a igualdade de oportunidades das persoas con menos recursos,
- Fomentar hábitos saudables desde o punto de vista da alimentación.
O Concello anima ás familias a presentar as solicitudes dentro dos prazos establecidos para garantir a correcta planificación do servizo para o vindeiro curso escolar.











