O Concello de Betanzos abre a convocatoria de axudas económicas extraordinarias para o pagamento da vivenda habitual.

1160

Desde o 31 de xullo ata o 21 de agosto permanecerá aberto o prazo de solicitude de axudas de apoio ao pagamento da vivenda habitual. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas mediante adxudicación directa ás persoas inquilinas dun contrato de alugamento ou dun préstamo hipotecario dunha vivenda situada no Concello de Betanzos e que constitúa a súa residencia habitual no momento da solicitude.

A súa  finalidade é  contribuír a paliar o gasto que ocasiona o mantemento da vivenda habitual na economía das persoas pertencentes aos  colectivos máis vulnerables.

O presuposto destinado á antedita convocatoria ascende a  70 000 €. e conta co financiamento da Deputación Provincial de A Coruña, a través do POS + Adicional 1/2025 para Gastos Sociais Extraordinarios do exercicio 2025.

A convocatoria publicouse no BOP nº143 do mércores 30 de xullo, onde se detallan os requisitos que deben cumprir as persoas beneficiarias, entre os cales figura a obriga de constar empadroada no concello de Betanzos cunha antigüidade mínima de seis meses; e atoparse  en situación de vulnerabilidade económica, considerando isto cando o conxunto dos ingresos do ano 2024 dos membros da unidade de convivencia non superen, con carácter xeral, 2 anualidades do IPREM vixente. Este límite ampliarase a 2,5 anualidades do IPREM vixente no caso de grupos de familias de especial consideración.

Pódese acceder á información sobre a convocatoria, así como aos trámites para realizar a solicitude na sede electrónica municipal ou premendo aquí.

Para descargar o BOP coas bases das axudas prema aquí