Betanzos celebrou unha nova edición do “Caneiros en familia”. Galería de imaxes.

480
O Concello celebrou o pasado 2 de agosto Os “Caneiros en familia”, unha romaría organizada coa idea de promover unha xira para que os betanceiros gocen dun día especial, subindo ata Os Caneiros en embarcacións ou a pé e logo alí xantar no campo, a beira do Mandeo, coas viandas que os propios romeus leven. Unha celebración que, especialmente os mozos, non puideron gozar durante estes anos como se facía antigamente.

 

 

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, estableceronse viaxes desde o embarcadoiro da Tolerancia ata o campo de Os Caneiros na embarcación municipal “Diana Cazadora”.
As prazas, 55 en cada viaxe, cubrironse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os empadroados no municipio.
O Concello espera que tamén se “apunten á romaría” outras moitas lanchas de Betanzos e que ese día “todos os betanceiros demos mostra de como deben celebrarse as xiras dos días 18 e 25 para que o día de Caneiros en familia sexa tomado como exemplo do que deben ser esas duas xiras”.
O  Concello organiza de novo esta cita para difundir e inculcar  “os valores e tradicións características desta romaría”. O obxectivo non é outro que seguir dando pasos para evitar que se desvirtúe a romaría, un propósito do conxunto de entidades do municipio e dos diferentes partidos políticos.