O Concello de Betanzos abre o prazo para que os establecementos e as entidades da localidade se adhiran á campaña Contra as Violencias co gallo do 25 de novembro.

137

Betanzos estrea nova campaña en conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co lema Contra as Violencias.

Trátase dunha campaña dinámica, que quere contar co respaldo de comercios, locais de hostalaría, centros de ensino, asociacións, tecido social e colectivos de mulleres, a través da entrega de diferentes materiais de sensibilización.

O obxectivo é poder chegar á cidadanía cunha mensaxe clara de rexeitamento e denuncia fronte ás violencias machistas, en todas e cada unha das súas manifestacións.

Para participar na campaña é preciso adherirse á mesma, do 6 ao 17 de novembro, ben chamando ao teléfono dos Servizos Sociais municipais, no 981.77.07.07, ou ben realizando a inscrición en liña a través da seguinte ligazón. Adhesión á Campaña Contra as Violencias do Concello de Betanzos