Campaña de neve-esquí 2024

284

A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva para o ano 2024, pon en marcha a Campaña de Neve-Esquí 2024, que se desenvolverá en varias quendas na Estación Invernal de Valgrande-Pajares en Asturias.

Ao Concello de Betanzos correspóndelle participar na sexta quenda, do 16 ao 19 de febreiro, e na actividade poderán participar os nenos e nenas de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2023, (nados/as nos anos 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012), e que consten empadroados/as no Concello de Betanzos.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o venres 1 de decembro.

Para descargar a ficha de inscrición prema aquí

As inscricións faranse no Departamento de Deportes, no segundo andar da Casa do Concello, praza da Constitución s/n. Son nove prazas e adxudicaranse mediante sorteo público entre todos os nenos e nenas inscritos, tendo prioridade aqueles que non participasen en anteriores Campañas de Neve-Esquí da Deputación.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe transporte, estadía e manutención, monitores, clases e aluguer do material de esquí, forfait para os remontes mecánicos, seguros e actividades complementarias ou alternativas varias.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Betanzos, Casa do Concello, segundo andar, Praza da Constitución s/n. Tlf 981 770 100, ou na páxina web www.dacoruna.gal/deportes, no acceso directo Campaña de Neve 2024.