Os servizos municipais retiraron diversos árbores na zona rural de Betanzos afectada polo temporal.

37
Retirada de árbores no río Mandeo.

Guiliade, Roibeira, Piadela, Castro, foron algunhas das zonas nas que levaron a cabo traballos de retirada de árbores por parte dos servizos municipais.

Ao mesmo tempo, desde Protección Civil mantense unha vixilancia de zonas que se viron asolagadas hai uns días polas crecidas dos ríos Mendo e Mandeo ante a nova alerta da dirección xeral de emerxencias.

Coincidindo coa pleamar e o aumento do nivel da auga dos rios, mantense unha vixilancia en varias zonas da cidade que xa se viron afectadas hai uns días por desbordamentos dos ríos: parque do Pasatempo, Carregal, Ribeira, paseo Tolerancia, zona portuaria, e parque Pablo Iglesias.

Parque do Pasatempo