O Concello de Betanzos selou esta mañá o seu “irmandamento” gastronómico co concello de Guijuelo nun acto de confraternización que tivo lugar na caseta do municipio salmantino e a través do cal, ambas as localidades selaron a unión da mellor tortilla de España e o considerado tamén, por moitos, mellor xamón de España.
A alcaldesa, María Barral, e o seu homólogo en Guijuelo, Roberto José Martín, selaron o vínculo entre ambos os concellos coa firma dun diploma conmemorativo nunha xornada que incluíu un showcooking no cal Alberto García e Ana María Suárez, do mesón O Pote de Betanzos, galardoado o pasado mes de setembro co primeiro posto no campionato de España de Tortilla de pataca, fixeron unha demostración de como se elabora unha auténtica tortilla de Betanzos, acompañados por dúas cortadores de xamón guijuelenses.
Deste xeito, a través deta alianza, preténdese iniciar unha vía para a promoción conxunta de ambos os produtos, dous dos pratos con maior recoñecemento da gastronomía nacional tal como indicou a primeira edil.