O Concello contrata as obras de melloras doutros dous viais municipais: A Veiga e Caraña

389

O Concello acaba de sacar a contratación un novo paquete de actuación de mellora de viais municipais no rural. Trátase neste caso das obras de pavimentación dos camiños dos núcleos da Veiga e de Caraña do Medio.

O camiño de Caraña que une o barrio da Ponte Vella cunha pintoresca zona rural, un rincón no que chegaron a funcionar trinta muiños de maquía para a molienda de grao (trigo, centeo e millo). Conservanse algúns deles, e unha antiga cortidoria, na que se ubicaban os pelamios, lugar onde se sumerxían as peles dos animais para curtilas., que dan nome ao rico que percore esta zona.

O segundo camiño, “da Veiga”, incluido nas actuación propostas polos veciños no programa de orzamentos participativos do ano 2021, parte tamén do barrio da Ponte Vella e vai paralelo ao río Mandeo, pola marxe esquerda, e da acceso ás vivendas situadas nesta zona. Ambos camiños son utilizados para a práctica do sendeirismo.

A limpeza de noiros e a pavimentación supoñen unha importante mellora da seguridade vial, sobre todo porque son camiños transitados casi tanto polos peóns que polos vehículos. Ademais compróbase, previamente á redacción do presente proxecto, o seu estado, coa intención de aproveitar os tramos que se atopen nun estado axeitado. Ademais, no primeiro tramo do camiño da Veiga procederase ao cambio da rede de abastecemento, executada en fibrocemento e no camiño de Caraña actuarase sobre toda a rede de saneamento, actualmente unitaria, para separar as augas pluviais e as augas residuais.

As obras que se pretenden realizar consistirán no acondicionamento e mellora dos camiños para facilitar a comunicación da veciñaza a nivel das infraestructuras viarias. Preténdese mellorar a calidade das vías, a súa accesibilidade e a mellora da seguridade vial para vehiculos e peóns; mediante o acondicionamento do pavimento da calzada. Previamente, farase a limpeza das cunetas e dos noiros. Para finalizar procederase ao pintado das liñas de borde da calzada e colocación de sinais. O orzamento dos traballos alcanza os 181.000 euros.