Dentro do programa Tecelás da Terra, financiado pola Deputación da Coruña a través do Premio Luisa Villalta, distintas mulleres de Betanzos estiveron recuperando e documentando diferentes sementes senlleiras das terras betanceiras, a través de obradoiros de apoderamneto realizados no mes de febreiro na parroquia de Xanrozo.
Tras este minucioso traballo, agora créase a Biblioteca de Sementes, aberta a toda a cidadanía para o seu coñecemento, participación e intercambio.
A inauguración terá lugar o mércores 25 de marzo ás 11:30 horas na Biblioteca Municipal de Betanzos, onde ficará fisicamente.











