O Concello de Betanzos retoma a presencialidade no Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva e o amplía á zona rural.

427

O Concello de Betanzos aposta por seguir mellorando a calidade de vida da poboación maior, polo que proximamente restablecerá as clases presencias do Obradoiro de Memoría e Estimulación Cognitiva, ampliando a actividade tamén ás parroquias.

Para iso, vaise realizar un sondeo a través dos centros sociais do municipio para coñecer a demanda existente en cada unha das zonas.

Así, as persoas interesadas que teñan 60 ou máis anos, poderán realizar a súa inscrición no seu centro social de referencia ou nas dependencias do Servizos Sociais municipais, do 14 de febreiro ao 11 de marzo

Para descargar o formulario de inscrición prema aquí