O Concello iniciou as obras de mellora da praza de Doña Águeda.

292
Praza de Doña Águeda,

O Concello iniciou a mellora da praza de Doña Águeda, a través dun programa provincial, no que investirá máis de 190.000 euros. Trátase dun proxecto que se suma a outras actuacións en espazos públicos co que se pretende actuar dunha maneira integral sobre o deseño e a funcionalidade da praza, cun novo deseño do pavimento, un novo banco que delimitará a nova xeometría deste espazo e a reubicación do mobiliario urbano, eliminando as xardineiras fixas e dotando dun uso máis lóxico á superficie da praza, na que tamén se eliminarán os problemas de recollida de augas pluviais.

Conseguirase, deste xeito, actualizar os acabados, resolver os problemas de impermeabilización cara á planta inferior que alberga as prazas de aparcadoiro das edificacións que circundan o propio espazo público e naturalizar as zonas de lecer, outorgando unha imaxe de coherencia a esta praza dentro do casco urbano.

Para a execución das obras,  produciranse cortes de tráfico intermitentes na rúa Cruz Verde debido ao paso de camións á obra. Debido a iso, o tráfico será desviado, habilitando alternativas para os propietarios de prazas de garaxe na zona.