
A nova zona de calistenia está situada no espazo que ata o de agora ocupaba a zona infantil no parque Pablo Iglesias con apenas uso e cuxo contorna se atopaba deteriorado polo paso do tempo. Colocáronse en lugar dos antigos xogos infantís diversos elementos de calistenia e un novo chan, tamén de caucho.
Os traballos de instalación dos xogos supuxeron un importe duns 40.000 euros.
O lugar foi elixido tendo en conta as achegas realizadas por veciños que practican deporte, habitualmente, na zona do porto ou do parque Pablo Iglesias.









