O Concello instala novas xardineiras de madeira na zona do centro histórico.

637

Trátase de mobiliario realizado polos servizos municipais que conta cunha árbore ornamental.

Maceteiros similares foron situados na zona da praza dos Irmáns García Naveira con árbores de loureiro, vinculado á tradición do viño do país.

As xardineiras levan tamén o escudo do Concello.

Instalaranse outras similares noutras zonas da cidade. Tamén se renovaron as de acceso á zona antiga.