O Concello instala novas xardineiras no centro histórico

1588
Rúa Travesa

Betanzos, 1 de febreiro de 2018. O Concello acaba de instalar xardineiras na rúa Travesa, en pleno centro histórico.

Trátase dun novo mobiliario urbano realizado na súa totalidade nos talleres do municipais. Confeccionado en madeira, levan en cada lateral o escudo municipal.

Xunto a estas xardineiras instaláronse nas últimas semanas outras de maiores dimensións, nos accesos á oficina municipal do Liceo e na zona da rúa do Castro e na praza da Constitución. Neste caso ornamentáronse con loureiros, unha especie moi vinculada á tradición vinícola de Betanzos.