O Concello presentará alegacións ao proxecto da AC-542 que melloren as condicións propostas pola Xunta en varios puntos entre As Cascas e Infesta

546
Analizar o proxecto de mellora da AC-542 entre As Cascas e a rotonda da autovía en Infesta e valorar as alegacións que se presentarán ao mesmo por parte do Concello que, en boa parte, coinciden tamén coa que dos veciños da zona.



 

Con ese obxectivo a alcaldesa, María Barral, acompañada polo concelleiro de Infraestruturas, Andrés Hermida; o de participación, Ricardo Cheda e a arquitecta técnica municipal, Teresa Perales, reuníronse con veciños de Infesta nun encontro que contou con máis de 60 persoas.

 

A primeira edil indicou que o obxectivo da reunión era explicar as accións que emprenderá o Concello despois de coñecer o proxecto que pretende executar a Xunta, proxecto que están a analizar distintos departamentos municipais en profundidade.

 

Previamente a esta reunión cos veciños, o concelleiro de Obras tamén mantivo unha primeira reunión con eles para analizar tanto as súas propostas como as municipais e ir da man nas alegacións que se presenten antes do 2 de xuño, alegacións na súa maioría coincidentes.

 

María Barral indicou que a mellora da seguridade viaria da estrada é unha antiga reclamación do Concello, especialmente na zona de Infesta, con todo, a proposta técnica presentada agora xera “problemas nalgúns puntos que imos tentar, tanto veciños como Concello, que se solucionen”. Neste sentido, ademais das alegacións, solicitará unha reunión  coa conselleira para “falar sobre esta cuestión”.

 

As alegacións centraranse na mellora de diversas incorporacións en puntos do tramo. Entre eles o de incorporación á N-VI en dirección Betanzos á altura da Condesa, onde se obrigará aos vehículos para facer o cambio de sentido na rotonda de As Cascas, cargando de tráfico a entrada á cidade.

 

Tamén o Farragoto, onde o Concello exporá a construción dunha rotonda que permita e mellore tanto o acceso ao novo vial a Pai Menni como a incorporación dos veciños cara a Betanzos e cara a Infesta.

 

Outra das alegacións centrarase na instalación de redes de servizos de pluviais, que están obsoletas.

 

Tamén se terán revisar distintos tramos que aparecen con liña continúa e actualmente estaba discontinúa e pedirase que o paso pola ponte do ferrocarril en Infesta sexa o máis ancho posible, encostando exteriormente o paso peonil.

 

A primeira edil explicou que entende que a construción dunha nova ponte é unha solución que economicamente pode ser difícil de asumir por parte da Xunta polo que lle pide un esforzo máximo en solucións técnicas que permitan “ampliar o ancho da calzada e mellora a seguridade dos peóns cun paso voladizo a ambos os dous lados”.

 

Barral tamén indicou que entre as alegacións preguntarase á Xunta pola que “parece” desaparición de varios tramos de beirarrúas que o Concello pedirá “que se acondicionen”  así como a ampliación da zona peonil no cruzamento do Camiño Real de Infesta chegando ao núcleo de infesta.

 

A primeira edil manifestou que o Concello poñerase ao dispor dos veciños para recibir calquera outra suxestión que consideren oportunas e que tecnicamente sexan viables para que os técnicos municipais póidanas plasmar nas alegacións.