O Concello recoñece a figura do ex alcalde Vicente de la Fuente poñendo o seu nome ao Complexo Cultural Santo Domingo. Galería de imaxes.

198

O Complexo Cultural Santo Domingo pasa a denominarse, Centro Cultural Vicente de la Fuente. A alcaldesa, María Barral, xunto á familia do ex alcalde, falecido en decembro de 2021, descubriron, o pasado sábado 27 de febreiro, a placa de granito colocada encima da porta que dá acceso ao complexo, que, levará o nome de Vicente de la Fuente tal e como anunciara a alcaldesa tras o seu falecemento e como posteriormente, a proposta do propio grupo de goberno, aprobou a Comisión de Nomenclator.

Falecido en decembro de 2021, Vicente de la Fuente, gobernou o municipio entre 1979 e 1983. Como alcalde recuperou o Arquivo Municipal e puxo de novo en pé a biblioteca, recuperando en 1981 o Anuario Brigantino. Tamén creou o Museo dás Mariñas en febreiro de 1983, formando parte todo iso do mesmo edificio.

Vicente de la Fuente, gobernou o municipio entre 1979 e 1983.

María Barral lembrou na súa intervención a figura do ex alcalde e o seu labor para que agora tivese “o seu sitio e recoñecemento na cidade poñéndolle o seu nome a un edificio que alberga unha parte moi importante do traballo realizado pola primeira corporación democrática que tivo en Vicente de la Fuente a súa cabeza visible, nun momento no que se puxo base a servizos culturais que logo foron completando o resto de corporacións e alcaldes”. O edificio que alberga o Museo, a Biblioteca e o Arquivo.

A alcaldesa destacou tamén a colaboración que o Concello atopou sempre na figura de Vicente de la Fuente e a súa implicación e disposición en moitos actos institucionais. “Sempre se mostrou colaborador e sempre estivo preocupado pola situación municipal. Implicouse, xunto ao resto de ex alcaldes na celebración do 800 aniversario e noutros programas de carácter cultural, mostrando sempre e gran respecto pola institución, tendo sempre moi presente, por encima de todo, a Betanzos e o seu futuro”.

Durante o acto a familia agradeceu ao Concello que lembrase a Vicente de la Fuente para poñerlle o seu nome a un dos edificios máis importantes da cidade.