CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de marzo.

158

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar tres actividades formativas.

Do 8 ao 10 de Marzo realizarase o curso “Teléfono móbil” dirixido á poboación en xeral sen coñecementos previos. Este curso levarase a cabo en horario de 10:00 a 11:30 horas.

Do 13 ao 17 de Marzo comezamos cun curso de capacitación dixital “Iniciación á informática” dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 11:30 horas.

Do 21 ao 30 de Marzo será a quenda de “Competencias Dixitais: Calc” dirixido á poboación en xeral con coñecementos de informática. En horario de 10:30 a 12:00 horas

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 981770013, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal