O Concello reforma a rúa Mariña e varias prazas da Ribeira dentro dun programa que incluirá máis espazos do barrio a curto prazo

345

“Pretendemos darlle un cambio ás infraestruturas do barrio, reformando, en varias fases, as rúas, prazas e servizos da Ribeira. É un dos barrios máis importantes de Betanzos e queremos seguir avanzando en novos proxectos que xa estamos a preparar”.

 

 

 

Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, despois de visitar a zona na que hai unhas semanas comezaron os traballos de mellora da urbanización e de servizos da praza Paio Formoso e a rúa Mariña ata a rúa Manuel Naveira, situadas na zona de protección do centro histórico de Betanzos, procedéndose á reorganización das dúas prazas incluídas no ámbito de actuación e á súa recuperación como espazos destinados ao lecer e descanso da poboación.

A primeira edil explicou que despois do proxecto que levou a cabo a Demarcación de Estradas en toda a banda litoral do barrio, ao longo do Malecón, agora a intención é “ir executando proxectos que dean un aspecto novo ao barrio, e mellorar tanto rúas como pequenos espazos públicos interiores!.

Trátase dun programa municipal que non só afecta a este popular barrio senón que tamén se está desenvolvendo no centro histórico ou na coñecida como “zona nova”, onde actualmente se levan a cabo obras en rúa Pintor Seijo Rubio tras facelo na rúa Venezuela, Tomás Dapena, ou Alcalde Beccaría.

María Barral anunciou tamén un amplo plan de actuacións na zona rural, co arranxo de viarios municipais na maior parte dos núcleos, a través de diversos plans provinciais.

Ribeira

responsables da empresa na “necesidade de que as obras se executen a bo ritmo, co fin de causarlle os menores problemas posibles á veciñanza e lembrou que o obxectivo é recuperar espazos para o uso do cidadán, e resolver con certo equilibrio a convivencia deste co automóbil, redefinindo tránsitos e limitando o espazo destinado a estacionamento de vehículos.

As obras incluirán a reorganización das dúas prazas, a renovación do pavimento en todo o ámbito, a substitución das actuais canalizacións de recollida de augas residuais, pluviais e abastecemento de auga naqueles tramos que non fosen renovadas e a execución dunha nova iluminación en ambas as prazas. O custo do investimento supera os 237 000 euros.

A praza Paio Formoso, resérvase para os peóns o acceso directo fronte ao paseo Antolín Faraldo, e desprázase o acceso rodado ao Malecón, fronte ao río. Con isto obtense un espazo protexido do automóbil, no que poder colocar bancos e zonas axardinadas e conseguir así espazos íntimos onde poder estar. As árbores definen o perímetro da zona de praza, conseguen sombras, e integran os aparcadoiros que se propoñen.

Na praza do edificio Matadoiro, con motivo de realzar o edificio e crear así mesmo un lugar de uso e estadía, colocarase a beirarrúa de granito xunto ao peche do matadoiro que disuada de aparcar e permita o paso ao seu lado, e, na zona de ensanche, de novo uns bancos, mesas de xadrez e zonas de xardín, con flores e arbustos, que conformen un recuncho onde xogar e convivir.

A sección de rúa, que é obxecto de renovación canto a infraestruturas urbanas, proponse pavimentar de novo con plataforma única cun carril central de formigón de 2,40 m de ancho e dúas franxas laterais, pegados ás frontes construídas, de granito, que lle proporcione configuración de alfombra, resolva as irregularidades do trazado, e ao mesmo tempo permita racionalizar a colocación do conxunto de tapas de rexistro individuais das instalacións, de modo que calquera substitución ou actuación nelas non lle afecte o pavimento continuo do centro da rúa”.

En ambas as prazas, as zonas de estadía definidas polas zonas axardinadas e de bancos, resáltanse tamén cun pavimento de laxas de granito silvestre de 6 cm de espesor e a unha nova iluminación pública. No resto da superficie das zonas peonís realizarase un pavimento de formigón lavado.