O Concello trasládalle á Xunta novas queixas das persoas usuarias do servizo de transportes sobre atrasos nas liñas e a falta de información

332

O Concello dirixirase á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para trasladarlle unha serie de queixas das persoas usuarias dos servizos de transporte co fin a que se lle dean solución canto antes tendo en conta “que non é a primeira vez que chegan incidencias ao Concello sobre o servizo de transporte desde a entrada que cambiaron as concesionarias”.

O goberno local explica que nas últimas semanas recibíronse queixas por cambios nos horarios dos que non foron informados “con antelación as persoas usuarias” e mesmo, nalgunhas ocasións “houbo denuncias porque non pasaba o autobús”. Todas estas incidencias foron se lle trasladaron no seu día á responsable de Transportes.

Con todo, nos últimos días, o Concello recibiu de novo queixas. Entre elas, a suspensión do servizo de autobús entre A Coruña e Ferrol das 21:00 h co consecuente prexuízo para as persoas usuarias quen non recibiron “información ningunha por parte da empresa”, co consecuente “prexuízo que lles causaron a cada unha delas!

Tamén se están atrasando as saídas desde A Coruña, algunhas en máis de media hora xa que algúns servizos, segundo apuntan as persoas usuarias, os realiza o mesmo condutor polo que, dependendo da situación do tráfico, non se están cumprindo os horarios fixados para as chegadas e saídas.

A estas queixas únense outras por sucidade nos propios autobuses, especialmente os das últimas horas; ou a mala información que hai sobre horarios nas marquesiñas que non coincide coas da páxina web da concesionaria ou da propia Xunta “o que provoca confusión entre as persoas usuarias”.

Os propietarios usuarios, que nalgúns casos utilizan servizos doutras compañías de transporte, “destacan a información que existe de liñas que xestionan outras concesionarias da mesma zona, que mantén información tanto nas súas redes sociais como nas marquesiñas sobre horarios e rutas, e a pésima ou nula que se atopan os que utilizan a formada pola UTE que se encarga  do servizo”.