O pasado sábado, celebrouse na localidade de Xinzo de Limia (Ourense) unha nova edición da “Copa Deputación de Ourense” de kickboxing tatami sport, na que participaron 8 integrantes do ITF Brigantium nas distintas modalidades de combate.
Os resultados foron excelentes, pois, como xa é habitual, houbo varios deportistas betanceiros que se alzaron con pleno de ouros en toda as modalidades que disputaron. Foi así o caso de Yanire Vázquez e Alicia Mosquera que gañaron as finais de light contact, kicklight e K1 light cada unha na súa categoría.
Outros coma Román Freire ou Emma Barberá, quedáronse ás portas do pleno con dous ouros cada un. Completaron a colleita dourada Iago Vázquez e Paula Vázquez cun ouro cada un en light contact e K1 respectivamente.
Neste evento non se celebrou a proba de point fighting na que varios dos deportistas betanceiros son auténticos especialistas, ostentando títulos internacionais algúns deles. Os brigantinos demostraron a súa capacidade de adaptación pelexando en K1 con total solvencia chegando a acadar 4 ouros.
Valeria Vázquez e Celia Mosquera fixeron triplete de pratas, perdendon as finais a primeira contra Alicia Mosquera, do ITF Brigantium e a segunda contra unha consolidada campioa internacional coa que loitou sen complexos e cunha igualdade que por momentos foi superioridade pero sen chegar a convencer ao trío arbitral.
O club ITF Brigantium xa apunta ao campeonato galego de Savate e o Trofeo de Betanzos que se celebrará o vindeiro 29 de novembro.
Dende o club, felicitan aos deportistas pola súa constancia e esforzo, ademáis de agradecer os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos.











