O pasado martes 24 de novembro comezou unha nova edición da actividade “Grupo de nais e pais pola saúde”

403

O pasado martes 24 de novembro comezou un ano máis a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde” dentro do programa de prevención no ámbito familiar “Máis que un teito” do curso 2020-2021.

Esta actividade gratuíta se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, e está aberta a todos os pais e nais que queiran compartir un espazo de comunicación e coñecemento, xa que nas distintas reunións trataremos, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar os nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social como as normas e os límites na familia, o uso de internet e o móbil, a escola e a familia, os problemas de conduta e os hábitos de vida saudables, entre outros posibles temas.

A periodicidade será dunha xuntanza mensual de novembro de 2020 a xuño de 2021. ademais este ano debido á situación que vivimos debido á Covid19 inclúese a posibilidade de facer grupos reducidos ou sesións a través de vídeo en liña sendo o horario de 20:00 a 21:00 horas.