O Concello e a Deputación subvencionan con cerca de 400.000 euros aos profesionais afectados pola Covid 19 na súa actividade

623

O Concello e a Deputación cerraron o pasado mércores 25, o prazo de solicitudes para optar as subvencións correspondentes ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña, PEL-Reactiva para os profesionais autónomos/as e microempresas cuxo negocio se vise afectado pola pandemia da Covid-19.

A Deputación destinará 244.000 euros que se unen aos 150.000 euros que o Concello aportou ao Plan Reactiva Municipal cuxo listaxe provisional será publicado nos vindeiros días despois de solicitar as axudas cerca de 300 profesionais.

Estas axudas da liña PEL-Reactiva puideron solicitalas os autónomos, autónomas e microempresas que se viron afectadas polo peche do negocio durante o estado de alarma, así coma aquelas que viran reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acolleran a un ERTE como consecuencia da situación de crise sanitaria orixinada pola COVID-19.

As subvencións, compatibles con outras prestacións municipais, oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/as.

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de paneis de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz, gas, etc.

O prazo de solicitude destas axudas por parte das microempresas e profesionais autónomos iniciouse a partir do día seguinte ao da publicación no BOP da convocatoria específica de axudas de cada concello e finalizou ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020.