Obras de acondicionamento na urbanización da Condesa

980

O Concello ultima as obras de acondicionamento da urbanización da Condesa na que mellórase o pavimento, coa reposición de lastras nas zonas peonís, e a limpeza das rúas, dentro do programa de limpeza de barrios que están a desenvolver os servizos municipais.

Xunto a estas obras, execútase a mellora de viarias municipais da zona rural, nas parroquias de Tiobre, Pontellas, Piadela e Requián, que forman parte das principais vías de acceso e comunicación dos núcleos rurais da Magdalena, Touriñao, Castro, Illobre, Viladesuso, Guiliade, Infesta e Xan Rozo. 

Trátase de camiños moi utilizados, permitindo nuns casos o acceso directo aos núcleos desde estradas autonómicas e provinciais e noutros a comunicación entre os distintos lugares do propio núcleo. Os camiños incluídos no proxecto son os de Touriñao de Abaixo; Touriñao de Arriba; Lamadaqueira; Castro; Camiños en Viladesuso; en Guiliade; Infesta; Xan Rozo- Baiuca; e Infesta- Xan Rozo.