Os betanceiros poderán renovar o DNI e o Pasaporte na nova unidade móbil da Policía Nacional que facilitará así as xestións nun só día

1131
Betanzos conta desde o día 15 de abril coa unidade móbil de documentación da Policía Nacional desde a que se poderá renovar o  DNI ou o pasaporte o mesmo día, convirtiendose así no primeiro concello da provincia da Coruña en dispoñer deste servizo.
Cada día de presenza en Betanzos da unidade móbil atenderanse 40 solicitudes de 9.00 a 13.00 horas. O pasado luns día 7 de abril, abriuse de novo o prazo para inscribirse para as xornadas dos días 12, 13 e 14 de maio nas que volverá a Betanzos a unidade móbil.

 

A alcaldesa María Barral, e os concelleiros Diego Fernández e Ricardo Cheda xunto a subdelegada do goberno na provincia da Coruña, María Rivas López
O vehículo estará na praza de Galicia e para poder renovar a documentación as persoas interesadas deberán solicitar cita previamente nas oficinas municipais do edificio Liceo.

 

Antes, os vehículos acudían un día para solicitar a documentación e regresaban outro cos DNI despois de pasar por comisaría, algo que non se podía facer cos pasaportes. Agora xa non será necesario facer dúas viaxes para iso e toda a documentación poderase renovar nestas unidades.
Tamén está prevista a presenza da unidade os días 13 e 27 de xuño para o que se abrirá o prazo de inscrición no seu momento.

 

A alcaldesa María Barral e a subdelegada do goberno na provincia da Coruña María Rivas López no interior da unidade mobil