Camiño de Santiago 2025, Ruta do Pai Sarmiento

708

O Departamento de Deportes do Concello de Betanzos organiza unha nova edición de roteiros de sendeirismo, que este ano será o Camiño de Santiago Ruta do Pai Sarmiento, un fermoso percorrido duns 200 km polas costas do Salnés e da ría de Arousa,  desde Pontevedra a Santiago de Compostela.

Farase en dez etapas, de entre 16 e 22 km e de dificultade en xeral baixa, agás algún treito con algo máis de dificultade polas costas a subir e baixar.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na páxina web do Concello de Betanzos en www.novas.betanzos.gal a partir das 10:00 h do luns 28 de abril.

 

Serán 100 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Betanzos, e a admisión e participación terá que ser confirmada polo Departamento de Deportes. Os/as menores de idade terán que ir acompañados/as dunha persoa adulta responsable.

A cota de inscrición é de 10 € por etapa, un total de 100 €, e o pagamento farase en dous prazos de 50 € cada un, o primeiro en abril-maio, antes de comezar o Camiño, e o segundo en setembro, antes de comezar a segunda parte do Camiño.

Os autobuses sairán ás 08:00 h desde a parada do bus no Cantón Claudino Pita e regresarán ao mesmo lugar ao rematar cada etapa.

Máis información no Departamento de Deportes, telf. 981 770 100, ou na Oficina de Turismo, telf. 981 776 666.

Apoio loxístico: Concello de Betanzos e Protección Civil de Betanzos

Avituallamento: GADIS