Presentación de “O Festival Mariñas Sound” en Betanzos

737
12-xuño-2025
A alcaldesa, María Barral, e o concelleiro de Xuventude, Ricardo Cheda, presentaron, xunto coa organización do evento, o Mariñas Sound, que se celebrará o 24 de xullo no parque do Pasatempo.

 

Trátase do primeiro festival deste formato e estilo musical en Betanzos, e contará co apoio do Concello.

 

No cartel haberá artistas internacionais, estatais e tamén locais, facendo do Mariñas Sound un espazo para a música global.