O Concello de Betanzos felicita ao club Han´s Horang-I de Betanzos polos éxitos acadados durante a tempada 24-25.

406

A alcaldesa de Betanzos María Barral e o concelleiro de Deportes Ricardo Cheda acudiron ao lugar de adestramento do club local, onde felicitaron a varios dos seus deportistas polos éxitos nas diferentes competicións ao longo desta tempada.

Seung Han Shin Jang foi campión mundial de técnica Trío-A no 2024, campión de Europa técnica 2025 Trío-A, campión de España de técnica individual, campión galego de técnica individual… e participou en diversos campionatos provinciais e nacionais adquirindo posicións de cabeza.

Begoña Veiga Rodríguez é campioa de España de técnica individual Trío-A, campioa galega de adultos de técnica individual, primeira clasificada no Open Internacional de Ourense de técnica individual, primera clasificada no campionato galego de técnica de adultos en parella 2024… entre moitas outras andaduras en Alicante, Moaña, Nigrán, Monforte, Madrid, Pontevedra…

Ana Llin Shin Veiga é campioa galega de Freestyle-individual 2025, campioa de España de Freestyle por clubs 2025, segunda clasificada no campionato de Europa de Freestyle celebrado en Estonia… e primeira clasificada en multitude de concentracións en diferentes lugares da xeografía gaega e nacional, como Alicante, Monforte, Ourense, Nigrán, Sarria, Caldas de Reis, Vigo…

Jessy Sun Shin Veiga acudiu a numerosos campionatos como o Campionato provincial de exhibición escolar, campionato galego de técnica de adultos, Open Internacional de Ourense de técnica… colleitando posicións destacadas, así como o a segunda posición no Campionato de España de técnica infantil-cadete 2024, terceira clasificada no Campionato galego Junior 2025 ou a segunda clasificada no Campionato de Europa de técnica-junior AD en Trío-A, entre outros campionatos de prestixio.

Deportistas con boa traxectoria como Iván Pena Pérez, Alejandra Fernández Núñez, Hugo Quintián Cupeiro, Julian Pumar Rodríguez, Stephan Pumar Rodríguez, Ariel Menéndez Cortés e Ximena Golpe Otero competiron en enormes exhibicións por toda a xeografía galega e española, percorrendo localidades como Redondela, Sada, Monforte, Ourense, Sarria, Moaña, Caldas de Rei, Vigo, Nigrán, Pontevedra, Cangas ou Alicante. Todos eles con numerosos éxitos e primeiros postos en torneos, exhibicións, campionatos escolares, provinciais e galegos.