Presentación dos eventos deportivos dentro da programación das Festas de San Roque 2023

141
PRESENTACION EVENTOS DEPORTIVOS SAN ROQUE 2023 7-agosto-2023
O acto de presentación dos eventos deportivos dentro da programación das Festas de San Roque 2023 estivo formado pola maioría de representantes dos diferentes clubs e asociacións, así como o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda.
Nestas festas contaremos con clásicos do noso verán, pero tamén con novas incorporacións deportivas, ás que lles desexamos toda a sorte do mundo!
Desde o Concello estamos agradecidos de poder colaborar con todas as asociacións e clubs de Betanzos e agardamos que todos os eventos teñan a participación e o éxito que merecen.