O Concello de Betanzos acolleu o acto de presentación da II Edición da Xuntanza de Maiores, unha iniciativa promovida pola Asociación de Pensionistas y Jubilados en colaboración co Concello. No acto participaron a alcaldesa, María Barral; o concelleiro Ricardo Cheda; e membros da directiva da entidade organizadora.
A xuntanza celebrarase o domingo 24 de maio na explanada do Pasatempo a partir das 14:30 horas e está concibida como unha xornada de convivencia destinada ás persoas maiores do municipio.
As inscricións poderanse realizar de xeito presencial no local social de Pintor Seijo Rubio (Club de Xubilados) os luns, xoves e venres en horario de 17:00 a 19:00 horas. Tamén será posible formalizar a inscrición por vía telefónica nos números 607 11 47 84 (Carlos) e 609 82 17 12 (Cheché).
O menú terá un prezo de 25 euros.

PRESENTACION
10-marzo-2026












