Preto de 350 persoas participaron na II Xuntanza de Maiores de Betanzos no Parque do Pasatempo.

177

A explanada do Parque do Pasatempo converteuse este domingo no punto de encontro para preto de 350 persoas con motivo da celebración da II Xuntanza de Maiores de Betanzos, unha cita marcada pola convivencia, a música e o bo ambiente.

A xornada desenvolveuse nun ambiente festivo no que as persoas asistentes puideron compartir unha comida de confraternidade acompañada de actuacións musicais e diferentes actividades de animación, nun encontro pensado para fomentar a participación e o lecer das persoas maiores do municipio.

Ao encontro asistiron a alcaldesa, María Barral, e integrantes do grupo de goberno municipal, que quixeron acompañar ás persoas participantes nesta celebración e compartir con elas unha xornada de convivencia.

Desde o Concello destacouse a boa acollida desta segunda edición da xuntanza, consolidada xa como unha das citas de referencia para as persoas maiores de Betanzos.