Traballos de limpeza na torre de San Domingos

840
Traballos de limpeza da torre de San Domingos

O Concello iniciou os traballos de limpeza da torre de San Domingo coa eliminación de plantas do campanario e limpeza da pedra. Os traballos continuarán nos próximos días.

Para a súa execución acoutouse unha zona da praza dos Irmáns García Naveira e foi necesaria o aluguer dun camión con pluma elevadora para que os operarios poidan realizar estes labores de limpeza.