Traballos de mantemento na área canina

472

O concello concluíu os traballos de mantemento e renovación do pavimento da área canina situada nas inmediacións do parque Pablo Iglesias. Trátase dunha zona delimitada, dotada de servizos para mascotas e xogos. Despois de realizar diversos labores de mellora, nos últimos días levaron a cabo os traballos para dotar espazo dun novo pavimento.