O Concello encárgalle ao Centro Pai Menni bolsas estampadas a man coa lema “Betanzos tan cerca” para campañas de promoción

374

27O Concello encargoulle ao centro Pai Menni a confección de bolsas para campañas institucionais coa lema “Betanzos tan cerca”. Trátase de bolsas de papel que o alumnado deste centro especial estamparán a man coa lema do Concello e o escudo.

A alcaldesa, María Barral, presentou esta nova campaña promocional de bolsas que serán utilizadas tanto nos actos institucionais como en próximas campañas de apoio ao comercio e hostalaría local. “A idea é substituír as bolsas que o Concello utilizaba nos actos institucionais, que levaban o escudo do Concello realizado en serie, en imprenta, por estas bolsas confeccionadas unha a unha polo alumnado de Pai Menni”. A maiores, encargáronse bolsas de diferentes tamaños que serán tamén, esa é a intención do Concello, en campañas de apoio á hostalaría e o comercio.

É unha das accións de apoio e colaboración co centro que mantén o Concello.

A primeira edil destacou o traballo do alumnado do centro e agarda que “sirvan como exemplo para que outras administracións tamén encarguen este tipo de traballo”. Neste sentido, comprometeuse a que as bolsas sexan visibles en feiras turísticas nas que está presente o Concello así como nos actos institucionais “onde se lle dará visualización ao traballo que realiza o Centro Pai Menni”.